Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / A primeira partitura do himno galego é de 1906

HIMNO 1.0

A primeira partitura do himno galego é de 1906

CORAL | febreiro 18, 2008

imaxe non dispoñible

Unha adaptación para banda arranxada por Felipe Pereira en 1906. Esta é a partitura máis antiga que se coñece do Himno Galego, e posiblemente, a que se empregou para a estrea oficial da peza na Habana. A investigación para a mostra “A Nosa Voz”, que se pode ver estes días na igrexa de San Domingos de Bonaval, Compostela, tirou a luz recentemente este documento, que se conservaba no arquivo da Banda Municipal da capital cubana.