Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / A nova edición do Festival Mozart non inclúe ningunha ópera deste compositor no seu programa

MOZART SEN MOZART

A nova edición do Festival Mozart non inclúe ningunha ópera deste compositor no seu programa

CLáSICA/LíRICA | abril 4, 2006

imaxe non dispoñible

Nun orixinal xeito de se achegar ao compositor nos 250 anos do seu nacemento, o célebre Festival Mozart da Coruña celebrarase este ano sen programar ningunha ópera deste autor. Segundo Alberto Zedda, asesor artístico do evento, deste xeito quérese evitar a "indixestión" do público cara ao célebre músico. Un encontro internacional encol de Don Giovanni e mais actividades na rúa para achegar o autor aos máis pequenos son as principais novas da edición, que achegará tamén catro óperas.

Máis información no web do Festival, en La Voz de Galicia, La Opinión, en El Ideal Gallego e nos nosos arquivos