Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / A Coruña fica sen Festival Mozart

O CONSORCIO PARA A PROMOCIóN DA MúSICA BUSCA UNHA ALTERNATIVA AO VETERANO EVENTO

A Coruña fica sen Festival Mozart

CLáSICA/LíRICA | maio 5, 2014

imaxe non dispoñible

O Festival Mozart, unha das citas fundamentais do panorama lírico galego, con proxección internacional, non se celebrará este ano. O evento operístico coruñés, nado en 1998 desaparece por problemas orzamentarios, segundo sinalou o pasado venres Andrés Lacasa, xerente do Consorcio para a Promoción da Música da Cidade Herculina. A perda do apoio económico de Caixa Galicia provocou a que a edición de 2013 xa non contase con representacións e a non aparición de alternativas financeiras levou a que organización optase por suspender o evento.

Lacasa, no entanto, sinalou que o Consorcio traballa para propor unha alternativa que permita continuar con programación de ópera na Cidade, e apuntou a necesidade de colaborar coa Asociación de Amigos da Ópera da Coruña para este fin.