Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Paolo Pinamonti substitúe a Cristina Vázquez na dirección do Festival Mozart

PINAMONTI PARA MOZART

Paolo Pinamonti substitúe a Cristina Vázquez na dirección do Festival Mozart

CLáSICA/LíRICA | xaneiro 31, 2007

imaxe non dispoñible

Chegado de dirixir o Teatro San Carlos de Lisboa, o italiano Paolo Pinamonti presentábase onte na Coruña como novo responsable do Festival Mozart. O novo director do evento prevé iniciar o vindeiro ano unha etapa que se desenvolverá ata 2010. Polo momento anunciouse que para a vindeira edición non se representará o anunciado "Falstaff" de Verdi e que "O holandés errante" poderá verse posiblemente como concerto. En xeral, a programación, que se coñecerá en abril, incidirá nos 15 anos da Orquestra Sinfónica de Galicia.

Máis información en La Voz de Galicia sobre o novo director; sobre a dimisión de Cristina Vázquez; en El Correo Gallego e nos nosos arquivos