Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / A Fundación Barrié inclúe a súa sede de Vigo no programa do seu undécimo Ciclo de Jazz
A Fundación Barrié inclúe a súa sede de Vigo no programa do seu undécimo Ciclo de Jazz
abril 4, 2006
O Ciclo de Jazz reunirá durante o mes de abril unha variada representación de figuras do jazz internacional. A apertura do ciclo comezou o sábado na Coruña coa proxección da película francesa “Swing” á que seguiu o domingo o Festival Gypsy Jazz Manouche co cuarteto de Tchavolo Schmitt. Por primeira vez a Fundación programará na súa sede de Vigo tres concertos, dun caracter máis intimista que os que propón para a Coruña, onde figuras emerxentes na escena mundial compartirán cartel con músicos consagrados, ademais dunha Jam Session na que tomarán parte músicos galegos. En Vigo actuarán entre outros o Benny Green Trío ou o Ronnie Mathews Trío e a representación galega na “jam session” programada para o día 20 estará integrada por Manu Gómez, Roberto Somoza, Carlos López, Pablo Seoane, Alfonso Morán e Javier Pereiro. Na Coruña están previstos os concertos do cuartetos de Eliane Elías e de Jim Hall, ademais da actuación de Gary Burton & Makoto Ozone. Todos os concertos son de balde previa retirada da invitación.
Máis información na Fundación Pedro Barrié de La Maza
Tamén che pode interesar:
- 15/ 3/ 2022 | Os festivais de jazz premian a Sumrrá
- 12/ 11/ 2014 | A Coruña énchese de jazz co Jazzatlántica
- 21/ 2/ 2014 | O VII Ciclo 1906 Jazz trae 23 concertos a Galicia
- 13/ 3/ 2013 | Ron Carter inaugura o ciclo 1906 de jazz
- 10/ 4/ 2012 | Robert Glasper abre o XVII Ciclo de Jazz da Fundación Barrié