O VII Ciclo 1906 Jazz trae 23 concertos a Galicia
febreiro 21, 2014
O festival que promove Estrella Galicia, o Ciclo 1906 Jazz, chega a súa sétima edición cun programa que achegará 23 concertos por todo o país entre marzo e xuño deste ano. Os clubes serán os grandes protagonistas do encontro, que programa cadanseus tres recitais no Jazz Filloa da Coruña, no compostelán Dado Dadá, no Xacaranjazz de Vigo, no lugués Clavicémbalo, no Latino de Ourense e mais no Blabla Café, en Ferrol. Ademais o Teatro Principal de Compostela acollerá tamén tres concertos, e o ciclo fechará cunha Maratón de Jazz Galego na Praza da Quintana o 19 de xuño.
En total, o ciclo levará 50 concertos a 12 cidades de todo o Estado. No cartel deste ano reúnense 16 solistas e formacións, con nomes como Albert Vila Quartet, Jerry González Trio, Roberto Somoza Continuum, Freedonia, Oliver Lake & Tarbaby ou Avishai Cohen Group entre outros.
Tamén che pode interesar:
- 12/ 11/ 2014 | A Coruña énchese de jazz co Jazzatlántica
- 22/ 1/ 2014 | Sons´14 achegará 13 concertos na primeira metade do ano
- 2/ 5/ 2013 | O XVII Festival de Primavera achega a Ourense dez bandas de Jazz
- 13/ 3/ 2013 | Ron Carter inaugura o ciclo 1906 de jazz
- 20/ 4/ 2009 | A Coruña e Vigo son os escenarios dos concertos de jazz da Fundación Barrié