Ti estás aquí > Inicio / DISCO / O gaiteiro Iván Costa interpreta todos os instrumentos e leva a produción no disco “Ávrego” editado por Cumio
O gaiteiro Iván Costa interpreta todos os instrumentos e leva a produción no disco “Ávrego” editado por Cumio
febreiro 22, 2006
Con nome de vento das Rías Baixas “Ávrego” (Cumio, 2006) o gaiteiro Iván Costa presenta o seu disco en solitario, unha obra na que conxuga sete recompilacións con outras tantas composicións propias. Iván Costa foi alumno de Xosé X. Blanco Nogueira e de Nazario González “Moxenas”, e desde a súa mocidade conseguiu dar mostras de talento artístico acadando premios en Lorient ou nos certames Constantino Bellón e Solistas da Estrada. Agás nunha canción, A Gaita de Melchor, gravada en directo na Casa das Crechas en verán de 2002, no resto das cancións do disco el mesmo produce e interpreta todos os instrumentos ademais da gaita: zanfona, charrasco, pandeiro, tamboril, etc. O disco gravouse e mesturouse nos estudos Savik Sound de Caritel, en Pontecaldelas.
Tamén che pode interesar:
- 24/ 8/ 2018 | Iván Ferreiro versionará a Golpes Bajos no seu novo disco
- 11/ 7/ 2008 | Máis de trinta músicos homenaxean ao mestre gaiteiro Ricardo Portela
- 14/ 5/ 2008 | Un disco recolle unha selección do patrimonio musical da provincia de Pontevedra
- 14/ 3/ 2008 | A cultura galega en París homenaxea o gaiteiro Ramiro Rodríguez
- 27/ 7/ 2007 | O gaiteiro Pablo Seoane presenta o seu segundo disco no que usa a dixitación pechada