Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / A cultura galega en París homenaxea o gaiteiro Ramiro Rodríguez

O GAITEIRO RODRíGUEZ

A cultura galega en París homenaxea o gaiteiro Ramiro Rodríguez

FOLK | marzo 14, 2008

imaxe non dispoñible

O 78 aniversario de Ramiro Rodríguez vai ser moi especial. Este gaiteiro, integrante do grupo Aires da Terra, leva máis de cincuenta anos difundindo a música tradicional galega en Francia. Un feito polo que a Casa de Galicia en París, o Centro de Estudos Galegos da Universidade da Sorbona e o Círculo Cultural Galego da capital parisina lle renderán unha homenaxe este sábado.