Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Máis de trinta músicos homenaxean ao mestre gaiteiro Ricardo Portela

FOLIADA NAS RíAS BAIXAS

Máis de trinta músicos homenaxean ao mestre gaiteiro Ricardo Portela

FOLK | xullo 11, 2008

not_12619.jpg

O Teatro Principal de Pontevedra acolle hoxe ás 21 horas a presentación do disco Foliada nas Rías Baixas. Homenaxe a Ricardo Portela, o mestre. O traballo consiste nun duplo CD con corenta e dous cortes musicais. Máis de trinta artistas do mundo da música tradicional renden homenaxe ao desparecido gaiteiro de Viascón no disco editado por Do Cumio grazas á iniciativa da Asociación Toque Pechado de Pontevedra, encabezada por Oscar Ibáñez. Os músicos reinterpretan o repertorio de Portela e engádense fragmentos de conversas con amigos e alumnos do gaiteiro de Viascón. A edición complétase cun libriño onde se recollen os textos de cada un dos participantes a modo de semblanza do mestre. O acto, de entrada libre, será conducido por Xurxo Souto e contará con actuacións de algúns participantes no disco como Álvaro Novegil, Os Trazantes de Tenorio, Enrique Otero, Airiños do Parque de Castrelos ou Juanjo Fernández entre outros. A gala desenvolverase dentro dos actos do IX Memorial Ricardo Portela.

datos do disco