Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / A agrupación Os Folerpas gaña o VIII Memorial Ricardo Portela de Pontevedra

FOLERPAS GAñADORAS

A agrupación Os Folerpas gaña o VIII Memorial Ricardo Portela de Pontevedra

FOLK | xullo 16, 2007

not_10347.jpg

En homenaxe a un dos mestres gaiteiros máis afamados celebrouse en Pontevedra a oitava edición do certame que leva o seu nome. No Memorial Ricardo Portela participaron seis agrupacións de música tradicional chegadas de toda Galicia. Na final, celebrada o sábado na Praza da Verdura, a agrupación compostelá Os Folerpas, na que milita Pablo Carpintero, acadou o primeiro premio desta edición. O segundo e terceiro premios foron para Rédea Solta de Pontevedra e Contracocheno de Vigo respectivamente. O premio especial Seivane foi para a agrupación Os Enxebres de Cacheiras mentres que o especial Ricardo Portela á mellor interpretación dunha peza do gaiteiro homenaxeado foi para os Rédea Solta.

Máis información no blog Malmequer