Ti estás aquí > Inicio / / A Sinfónica de Galicia avanza novidades para a vindeira temporada
A Sinfónica de Galicia avanza novidades para a vindeira temporada
abril 29, 2005
Onte anunciabamos o macroconcerto que esta fin de semana da Orquestra Sinfónica de Galicia. Un evento no que a formación coruñesa coordinará a un equipo de catrocentas persoas para interpretar a oitava sinfonía de Mahler, máis coñecida como a “Sinfonía dos mil”. Un tipo de concerto que avanza a liña na que se vai a seguir o vindeiro ano, no que, trala inauguración do Pazo de Exposicións e Congresos na Coruña, a OSG disporá do Pazo da Ópera para a súa disposición e poder duplicar os seus concertos, así como afrontar programas de maior envergadura.
Máis información en La Opinión e no web da Sinfónica
Tamén che pode interesar:
- 10/ 6/ 2024 | A Orquestra Sinfónica de Galicia fará unha xira por España
- 11/ 1/ 2016 | A Orquestra Sinfónica suspende a venda de abonos da Temporada Lírica
- 23/ 8/ 2013 | Víctor Pablo Pérez ofrece hoxe o seu derradeiro concerto á fronte da Sinfónica de Galicia
- 4/ 5/ 2009 | A Sinfónica de Galicia amplía e innova o seu repertorio na vindeira temporada musical
- 19/ 10/ 2007 | A Sinfónica de Galicia inaugura a temporada trala súa aplaudida xira por América