Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / A Sinfónica de Galicia adianta a súa primeira temporada con Roberto González-Monjas

A FORMACIóN ACHEGARá 24 PROGRAMAS E 35 CONCERTOS CUNHA ESPECIAL ATENCIóN A BRAHMS

A Sinfónica de Galicia adianta a súa primeira temporada con Roberto González-Monjas

CLáSICA/LíRICA | xuño 13, 2023

imaxe non dispoñible

A celebración do 127 aniversario da morte de Johannes Brahms aparece como un dos eixes da programación da vindeira temporada da Orquestra Sinfónica de Galicia. A formación achegou un adianto do seu programa para o que resta de 2023 e a primeira parte de 2024, un período no que se estrea baixo a batuta de Roberto González-Monjas

Deste xeito, todas as sinfonías do compositor, así como a súa Canción do destino para coro e orquestra e o seu Concerto para piano nº 2 farán parte do programa. Canda a el, pezas de Ludwig van Beethoven, Robert Schumann Franz Schubert, Anton Bruckner ou Gustav Mahler estarán presentes nos recitais por vir.

Anders Hilborg e Andrea Tarrodi con Eleven Gates e Ascent así como a norteamericana Jessie Montgomery e o seu Records from a Vanishing City, e o noruegués Johan Halvorsen fan tamén parte dunh temporada na que colle protagonismo o Coro da OSG, con ata seis concertos programados baixo a coordinación de Carlos Mena e Javier Fajardo.

Outros nomes da composición que están presentes nas previsións da orquestra son o galego Juan Durán, que estrea Terra no marco das celebracións do 40 aniversario do Consello da Cultura Galega, Amargós e o seu En libertad, o venezolano Pacho Flores e a obra encarga Concerto para clarinete e Jesús Torres co seu Concerto para violín.

Canda a González-Monjas, collerán a batuta da formación Dima Slobodeniouk, con dous concertos, o director honorario Víctor Pablo Pérez e o seu asociado José Trigueros entre outros. O barítono italiano Andrè Schuen, que cantará os Kindertotenlieder de Mahler, a soprano Claire Both coas Catro derradeiras cancións de Richard Strauss ou a Real Filharmonía de Galicia son algúns dos nomes convidados aos programas desta xeira.