Eloi Caldeiro presenta o seu disco de homenaxe a Xela Arias
maio 19, 2021
Dez poemas tirados dos poemarios Denuncia do equilibrio e Tigres coma cabalos compoñen a homenaxe que Eloi Caldeiro lle presta a Xela Arias. O músico de sarria acaba de lanzar no selo Sons Galiza e no marco da colección "O son da palabra" o álbum O equilibrio dos tigres. O músico apostou por rock e pop con sonoridades dos anos oitenta ou polo blues para adaptar os versos da autora celebrada no Día das Letras Galegas. O proxecto, que conta co apoio do Concello de Sarria e da Consellería de Cultura, conta cunha tiraxe de 1.500 exemplares que saen á venda en formato libro-CD. Caldeiro realizou a adaptación e gravacion dos temas en apenas dous meses.
Tamén che pode interesar:
- 12/ 1/ 2017 | Sae á venda Enxebre, o último disco de Brath
- 17/ 12/ 2013 | Brath fusiona folk e flamenco en Codex
- 21/ 5/ 2006 | Brath celebra as súas vodas de prata cun novo disco e anuncia outro para o outono
- 10/ 3/ 2006 | Eloi Caldeiro promove a revista de información cultural Naz-on
- 15/ 4/ 2002 | Unha nova discográfica e un novo lanzamento no panorama folk