Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Sae á venda Enxebre, o último disco de Brath

A BANDA DE ELOI CALDEIRO CONMEMORA 36 ANOS CON ESTE TRABALLO

Sae á venda Enxebre, o último disco de Brath

FOLK | xaneiro 12, 2017

enxebre_brath.jpg

Aínda que levan un anos presentándoo ao vivo, non foi ata este mes de decembro que saíu á venda Enxebre, o último disco de Brath. A veterana banda folk que capitanea Eloi Caldeiro presenta dez novos temas nos que os títulos remiten a elementos da tradición galega (A Santa Compaña, O Trasno, A Bruxa Meiga, As fogueiras de lume novo) que se mesturan con referencias celtas como Druídas, Samhaín, Lughnasadh ou Beltane das fachas. Fiel ao seu estilo, o proxecto continúa unha aposta de folk no que a batería e a percusión teñen unha grande importancia e onde non faltan tampouco guitarras eléctricas. Segundo asegura Caldeiro, o título supón un retorno aos comezos de Brath, que conmemora con este álbum 36 anos de traballo. Enxebre ve a luz nun formato de libro-CD con múltiplos contidos extras e unha edición a toda cor.

datos do disco