Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Mercedes Peón estrea en Madrid Osmose, o seu último espectáculo

A MúSICA DIALOGA CO FILME NACIóN DE MARGARITA LEDO NESTA PROPOSTA ESCéNICA

Mercedes Peón estrea en Madrid Osmose, o seu último espectáculo

FUSIóN | febreiro 25, 2021

imaxe non dispoñible

Unha "peza escénica atravesada pola obra Nación, de Margarita Ledo", que se desenvolve "en diálogo coa intervención audiovisual de Peque Varela e Laura Iturralde". Así define Mercedes Peón Osmose o novo proxecto que estrea este 26 de febreiro. O Centro de Cultura Contemporánea Conde Duque de Madrid acolle a montaxe, na que propón "un espazo de relación entre o imaxinario de creación colectiva e os imaxinarios atravesados polo capital. Relación entre elementos, sistema que filtra corpos incorporados á produción. Corpos sen xénero distribuídos no binarismo de poder e subalternidade. Osmose é unha pregunta escénica canalizada a través da música e das súas corporalidades".