Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Vigo acolle o concerto de presentación do novo disco de Mercedes Peón

SIHá

Vigo acolle o concerto de presentación do novo disco de Mercedes Peón

FOLK | abril 12, 2007

not_9741.jpg

Cando xa transcorreron tres anos desde a publicación de “Ajrú” Mercedes Peón presenta o seu terceiro traballo discográfico “Sihá”. A cantante e compositora coruñesa presenta este sábado en Vigo o novo disco cun concerto no teatro García Barbón ao que seguirán outro o día 28 de abril en Bergondo e un en Barcelona o 11 de maio. O disco sae, como o anterior, baixo o seu propio selo Discotrompo e conta con dez temas composición de Mercedes Peón nos que volve experimentar sobre as súas raíces musicais tradicionais. O disco estará en tendas na semana que ven.

Máis información en El País

datos do disco