Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Happy Lonely People marca o retorno de Escuchando Elefantes

LOGO DE PRESENTAR O SEU SEGUNDO DISCO NA CORUñA, A BANDA ACTUARá EN VIGO O VINDEIRO 22 DE NOVEMBRO

Happy Lonely People marca o retorno de Escuchando Elefantes

INDIE | novembro 11, 2014

happy_lonely_people_escuchando_elefantes.jpg

Dezasete novos temas en inglés nos que manteñen a súa liña indie-folk. O dúo coruñés formado por Escuchando Elefantes retorna dous anos despois do seu primeiro traballo con Happy Lonely People. O álbum autoeditado gravouse entre España, Irlanda, Estados Unidos e o Reino Unido, e presentouse ao público o pasado 15 de outubro cun concerto no Teatro Colón da Coruña. O auditorio Afundación de Vigo acolle o segundo concerto de presentación e dará paso a unha xira que ten datas previstas en España e Irlanda. O videoclip do primeiro single deste novo traballo, Garden's Road, que dirixiron Juan Galiñanes e Olga Osorio foi xa seleccionado para vinte festivais internacionais.

MULTIMEDIA
Vídeo de Garden's Road de Happy Lonely People
MULTIMEDIA
Robin de Happy Lonely People
datos do disco