SÓS de Mercedes Peón está entre os mellores discos de raíz de 2011
xaneiro 4, 2012
Críticos de música de 23 países de todo o continente europeo seleccionaron o disco SÓS de Mercedes Peón como o quinto mellor de 2011. Así figura o traballo da galega na prestixiosa lista World Music Charts Europe, que xa recoñecera esta obra outorgándolle o seu primeiro posto durante dous meses consecutivos deste ano. Na mesma listaxe, Meu canto de Uxía ocupa o posto número 40. No comezo deste ano, Galicia renova a súa representación nesta escolma internacional coa entrada de Doa e a súa A fronda dos cervos no número vinte deste mes de xaneiro.
Logo dunha intensa xira internacional neste 2011, Peón inicia o ano continuando cun concerto en Estambul ao que seguirán dez máis en Bélxica ao longo do mes de marzo.
Tamén che pode interesar:
- 12/ 4/ 2007 | Vigo acolle o concerto de presentación do novo disco de Mercedes Peón
- 30/ 12/ 2005 | O primeiro disco de Xoel López en español elixido entre os mellores pola revista Rolling Stone
- 26/ 12/ 2003 | A revista británica Folk Roots considera o disco "Ajrú" de Mercedes Peón como mellor disco do mundo
- 7/ 10/ 2003 | Mercedes Peón presenta en Ajrú un novo traballo máis independente
- 28/ 11/ 2002 | Mercedes Peón presenta o seu novo disco, “Raiceiras”, e participa nun disco para axudar os afectados da Costa da Morte