Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Xabier Díaz e Adufeiras do Salitre cantan á Galicia rural en desaparición
Xabier Díaz e Adufeiras do Salitre cantan á Galicia rural en desaparición
marzo 13, 2020
Desde hoxe xa está dispoñible As Catedrais Silenciadas (Música de Salitre) o novo e terceiro disco xurdido da xuntanza de Xabier Díaz coas cantareiras Adufeiras de Salitre. Dez temas tradicionais arranxados por Díaz e entre os que hai unha panoplia da riqueza e diversidade da música de raíz: alalás, pasodobres, muiñeiras, ribeiranas e agarrados. O título do disco fai referencia á perda do mundo rural como desaparición cultural da identidade galega, un berro de alerta ante o seu progresivo despoboamento e a perda que isto implica. As Catedrais Silenciadas, din, son os vellos soutos milenarios, o idioma, os alalás, os nomes dos cons, as vacas ou as vellas ribeiranas. Os temas volven amosar a excelencia musical dos intérpretes e a súa sensibilidade contemporánea cara o tradicional. Os concertos previstos de presentación en directo deste traballo quedan pendentes de confirmación ante a alerta sanitaria actual pero xa se pode escoitar o traballo nas principais plataformas dixitais.
Tamén che pode interesar:
- 5/ 3/ 2024 | Xabier Díaz retorna coas Adufeiras de Salitre en Axúdame a sentir
- 1/ 3/ 2021 | Zumaque e mais Xosé Lois Romero e Aliboria acaparan candidaturas nos XX Premios Opinión
- 13/ 7/ 2016 | Xabier Díaz e Aduferias e mais Narf actuarán no Womex 2016
- 30/ 3/ 2016 | Xoel López suma cinco candidaturas nos premios de música independente
- 2/ 2/ 2016 | Xabier Díaz entra na World Music Charts Europe co seu último disco