Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Rianxo acolle o XV Encontro Zona da Zanfona

O EVENTO INCLúE A DIVULGACIóN DO SEGUNDO CANCIONEIRO #ZDZ

Rianxo acolle o XV Encontro Zona da Zanfona

FOLK | xuño 26, 2019

imaxe non dispoñible

Do 3 ao 7 de xullo vindeiros Rianxo acolle a XV edición de Zona da Zanfona. O encontro internacional de zanfonistas contará nesta ocasión con recitais a cargo de Germán Díaz e Benxamín Otero coas súas 13 cancións bonitas e mais de Obal. María e Manuela presentarán O conto da zanfona, que adapta a historia da cega Rosa María do Val. Os xa habituais cursos, desta volta a cargo de Óscar Fernández na iniciación e Paulo P. no nivel avanzado, complétanse cun curso de danzas galegas e europeas. Canda a histo haberá o habitual encontro e foliada de escolas de zanfona do país. Esta xeira inclúe tamén a presentación da segunda entrega do Cancioneiro #ZdZ, unha publicación de acceso gratuíto que propón un repertorio común de cancións populares e simples para todos os niveis de intérpretes deste instrumento.