Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Zona da Zanfona cumpre dez anos a reivindicar este instrumento

O ENCONTRO CELéBRASE EN RIANXO A PARTIR DO VINDEIRO VENRES

Zona da Zanfona cumpre dez anos a reivindicar este instrumento

FOLK | abril 1, 2014

imaxe non dispoñible

Desde o venres 4 de abril e ata o vindeiro domingo, Rianxo acollerá a celebración da décima edición de Zona da Zanfona. O encontro internacional dedicado a este instrumento celebra unha década cunha programación especial que inclúe unha exposición sobre aparellos con manivela, sesións de baile, concertos e actividades didácticas polos colexios da zona. Como novidade, este ano celebraranse dous cursos, o xa habitual para intérpretes, a cargo de Germán Díaz, e mais outro de Paulo González sobre composición para este instrumento.