Tanxugueiras comeza a xira de presentación do seu primeiro disco
xuño 4, 2018
A Sala Capitol de Santiago acollía onte, tres de xuño, o concerto de presentación de Tanxugueiras, o disco de debut do trío homónimo. Sabela Maneiro, Aida Tarrio e Olaia Maneiro metéronse no estudio de gravación logo de dous anos de traballo nos que se deron a coñecer a través das redes e coas súas colaboracións con músicos como Xabier Díaz ou A banda das Crechas. Agora, presentan da man de Inquedanzas Sonoras unha selección de doce temas nos que a percusión e a voz collen todo o protagonismo, con arranxos coidados que conectan a tradición con sons de alén do Atlántico.
Temas como Ai a ribeira, Bembibre, Que non mo neguen ou Glasgow fan parte deste debut, para o que contaron con colaboracións como as de Pablo Martín Jones ou Jaime Muñoz e a dirección artística de Pedro Pascual. A xira de presentación continuará cunha actuación no Serán_01 que se celebra o vindeiro día 9 na Cidade da Cultura e outra na Pousada das Ánimas, en Boiro, o día 16. O 15 participarán no programa Luar da TVG a acompañar a Brais Morán.
Tamén che pode interesar:
- 30/ 11/ 2015 | Chotokoeu presenta Saír a voar
- 5/ 11/ 2014 | Víctor Aparicio versiona cancións De pueblo y de río
- 2/ 4/ 2012 | Xa está á venda Vellas novas, o novo disco de Quempallou
- 1/ 4/ 2009 | O disco de Luar na Lubre ao vivo xa está nas tendas
- 17/ 3/ 2009 | Som do Galpóm: “No disco hai certas rarezas musicais nas que convén pararse un pouco e escoitalas ben”