Xa está á venda Vellas novas, o novo disco de Quempallou
abril 2, 2012
O cuarto disco de Quempallou, Vellas novas está xa dispoñible en edición dixital e agárdase a súa chegada ás tendas a partir desta semana. O volume achega 12 novos temas nos que se mesturan letras tradicionais con novos arranxos e composicións propias, mantendo unha sonoridade na que percusións tradicionais, acordeón e cordas serven de base para frautas, gaitas e voz. No web do grupo pódense escoitar xa os temas Na Habana e Foliada do viño.
O grupo comeza o vindeiro 13 de abril a xira de presentación do traballo no Bar Liceum (O Porriño). Os concertos seguirán o 14 de abril noAturuxo (Bueu), o 17 de abril na Casa das Crechas (Compostela), o 20 de abril na Auriense (Ourense), o 27 de abril no FNAC e na Cova Céltica (A Coruña), o 28 de abril na Sala Super 8 (Ferrol), o 5 de maio na Festa do Muiño de Coiro (Cangas) e mais o 16 de maio Fábrica de Chocolate (Vigo).