Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Quempallou chama a colaborar co xornal que acompañará o seu novo disco

CHAMA AOS SEUS SIAREIROS A ENVIARLLES ANéCDOTAS NAS QUE O GRUPO TEñA UN PAPEL

Quempallou chama a colaborar co xornal que acompañará o seu novo disco

FOLK | marzo 21, 2012

imaxe non dispoñible

Con ocasión do inminente lanzamento do seu novo disco, Vellas novas, o grupo folk Quempallou vai publicar publicar un xornal. Cun único número, a publicación quere contar coa participación do siareiros do grupo, a quen chaman a achegar mediante as redes sociais Twitter e Facebook anécdotas nas que o traballo de Quempallou teña un papel importante. Para alén de publicar todo o material recollido, as dez mellores historias serán premiadas cun disco e mais cun exemplar do xornal. O grupo achega no seu web dous temas como adianto do disco.