Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Chotokoeu presenta Saír a voar

NOVE TEMAS AMOSAN QUE O GRUPO MANTéN A SúA ENERXíA LOGO DE SETE ANOS

Chotokoeu presenta Saír a voar

FUSIóN | novembro 30, 2015

sair_a_voar_chotokoeu_2.jpg

Unha xira por seis país está a servirlle a Chotokoeu para presentar o seu novo traballo. Saír a voar chega sete anos despois do seu primeiro disco a achegar nove temas que saíron dun encerro creativo con toda a banda dedicada exclusivamente á música. O disco gravouse en Pau, Francia, e amosa que o grupo mantén toda a súa enerxía e continúa a aposta pola fusión balcánica co rock o swing ou o ska. Para alén da extensa xira internacional, a banda celebrará un concerto de presentación o vindeiro 26 de decembro na Coruña. O disco está dispoñible de xeito íntegro para escoita e descarga no web do grupo.

datos do disco