Roberto Sobrado Grupo sacan 'Proletarios do Rock and Roll'
maio 7, 2018
O veterano músico Roberto Sobrado ven de presentar o seu novo traballo discográfico acompañado do seu grupo. Proletarios do Rock and Roll (Autoeditado) é un traballo de obreiros de base roqueira. Un disco con sete temas propios e novos e máis cinco versións no que se deixa sentir o imaxinario desta banda encabezada por Sobrado, un músico con más de vinte anos sobre o escenario e con cinco discos previos editados. Agora nun grupo, cunha banda renovada na sección rítmica e onde o saxo e a voz cobran máis protagonismo ca nunca, xunto a Germán da Ponte (saxo), Euxenio (batería) e Nuno Pico (baixo), volven á estrada e ao minimalismo do rock de furgoneta e sesión de ensaio nos garaxes para crear este son máis roqueiro, con calado social. O disco xestouse ao longo de meses en sesións de gravación na Sala Moon, no local de ensaio e en Bungalow estudios. O investimento económico para sácalo baseouse nun método de apoio popular con prerreserva do CD.
Tamén che pode interesar:
- 9/ 6/ 2015 | Roberto Sobrado presenta Atlas de Anatomía
- 10/ 4/ 2008 | Ruxe-ruxe reivindícanse como banda de rock and roll con Xigantes
- 24/ 5/ 2007 | O selo PAI anuncia o lanzamento do primeiro disco do grupo arousán Cornelius
- 6/ 10/ 2000 | Heredeiros da Crus lanzan o primeiro directo de rock feito en galego