Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Roberto Sobrado presenta Atlas de Anatomía

O SALóN TEATRO DE COMPOSTELA ACOLLE O 11 DE XUñO UN CONCERTO CON MúLTIPLES CONVIDADOS

Roberto Sobrado presenta Atlas de Anatomía

POP | xuño 9, 2015

atlas_anatomia_roberto_sobrado.jpg

Un concerto por todo o alto, para a que mesmo chegou a convocar un crowdfunding. Esta é a proposta coa que Roberto Sobrado quere presentar, o vindeiro 11 de xuño, o seu novo traballo no Salón Teatro de Compostela. A conmemorar vinte anos no mundo da música, o músico publica o Atlas de Anatomía, quinto disco coa súa banda. Dez temas autoeditados de pop-rock-blues en galego nos que sobrado conta co acompañamento de Rafa Campoy (guitarra eléctrica), Gustavo Fernández (baixo), Germán Daponte (saxo)e Paulo Silva (batería).

O concerto de presentación, que quere ser unha homenaxe a Os Resentidos, contará con membros desta formación como Pablo Vidal, Rubén Losada e Manu Payno, así como de Javier Soto. Outros convidados son Abe Rábade, Carlos Blanco, Xosé Constenla e O Leo e Arremecághona. Temas do grupo vigués mesturados con outros da banda de Sobrado prometen unha celebración única.

datos do disco