Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Víctor Aneiros cambia de ritmo e idioma no seu oitavo álbum

'UN EXTRAñO ENTRE LA MULTITUD' é O DISCO CON MáIS ROCK DO AUTOR E ESTá CANTADO EN CASTELáN

Víctor Aneiros cambia de ritmo e idioma no seu oitavo álbum

ROCK | novembro 20, 2017

Victor_Aneiros_multitud.jpg

O guitarrista e compositor ferrolán Víctor Aneiros lanza ao mercado o seu último álbum, oitavo da súa carreira, baixo o título de Un extraño entre la multitud. O proxecto mostra unha nova faceta do artista que decidiu cambiar a melancolía blusera, por ritmos roqueiros máis dinámicos e a lingua galega, que caracterizaba ata o de agora as súas letras, polo castelán. Potentes riffs e punteos de guitarra de indiscutible calidade, como nos ten afeito Aneiros, caracterizan a volta do músico, que contou nesta ocasión coa colaboración do produtor Segundo Grandío.

Con Un extraño entre la multitud Víctor pretende deixar atrás a melancolía blues dos seus anteriores traballos e crear algo novo empregando, por primeira vez en moitos anos a lingua castelá como vehículo condutor das súas sensibilidades. Neste álbum o artista reflexiona sobre o paso do tempo ao seu redor e aborda temas presentes no día a día actual, como o da falsa realidade imperante nas redes sociais, e dedica tamén un dos temas deste proxecto á crise dos refuxiados. O primeiro tema de lanzamento do disco, Ciudad Olvido, está dedicado á súa cidade e foi presentado no mes de xuño a través de Youtube, nel Aneiros repasa a historia máis recente do panorama naval de Ferrol.

O vindeiro 1 de decembro o mùsico estará defendendo o seu novo disco en directo no Forúm Celticum de O Burgo (A Coruña). Seguirán concertos na Sala Capitol de Santiago o 15 de decembro e na Pousada das Änimas de Boiro o 22 de decembro.

datos do disco
Ligazóns