Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Víctor Aneiros Band e Julie Guravich lanzan un disco conxunto

BACK FROM THE BLUES MESTURA TEMAS CLáSICOS E CREACIóNS DE ANEIROS

Víctor Aneiros Band e Julie Guravich lanzan un disco conxunto

JAZZ/BLUES | abril 17, 2012

imaxe non dispoñible

O grupo ferrolán Víctor Aneiros Band acada de lanzar Back From The Blues, un disco editado por Gaztelupeko Hotsak no que se alía coa vocalista canadense Julie Guravich. O proxecto achega dez temas nos que se mesturan clásicos do blues como Help me throught the day ou Same old blues con temas do propio Aneiros como Yes I know ou Driving home, así como o que lle dá título ao disco. Canda á voz, o traballo conta con colaboración como o recoñecido harmonicista Mingo Balaguer. A gravación fíxose en Ank Studio, en neda, e a produción correu a cargo de Aneiros e de Victor Gacio.

MULTIMEDIA
Same old blues de Víctor Aneiros Band e Julie Guravich no Teatro Jofre de Ferrol
datos do disco