Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / O compositor Manuel Martínez Burgos gaña o XII Premio Andrés Gaos

O GALARDóN BIANUAL DA DEPUTACIóN CORUñESA ESTá DOTADO CON 6.500 EUROS

O compositor Manuel Martínez Burgos gaña o XII Premio Andrés Gaos

CLáSICA/LíRICA | outubro 18, 2017

imaxe non dispoñible

A Deputación Provincial da Coruña ven de fallar o XII Premio de Composición Musical "Andrés Gaos", que nesta edición recaeu no compositor madrileño Manuel Martínez Burgos, pola súa obra Daivat. Este galardón está dotado cun premio de 6.500 euros.

Nesta edición do Premio Andrés Gaos, de carácter bianual, á que concorreron composicións musicais inéditas, Manuel Martínez Burgos (Madrid, 1970) recolle o testemuño de Eduardo Lorenzo Preito, derradeiro vencedor do certame no ano 2015, coa obra Liquid Image. O autor titulou a obra para orquestra co termo en sánscrito Daivat que el interpreta como "o tempo que a memoria non alcanza a recordar".O xurado presidido pola vicepresidenta e responsable da área de Cultura da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín, e composto por representantes do mundo da música e a composición como Ermitas García Ríos, Paz Pita, Paulino Pereiro, Samuel Diz e Fernando Buide del Real, valorou a obra Daivat pola súa "solidez na escrita e nas texturas", ademais de por posuír "un coñecemento efectivo da orquestación". "Estamos ante una obra moi destacábel a nivel tímbrico, con interesantes transicións graduais e distintas paisaxes", sinalou o xurado, ao tempo que aseveraron que se trata dunha peza que posúe "un concepto que defende no seu desenvolvemento."