Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Rosa Cedrón presenta ao vivo Nada que perder

A FNAC DA CORUñA ACOLLE MAñá O RECITAL

Rosa Cedrón presenta ao vivo Nada que perder

MELóDICA | maio 12, 2016

rosa_cedron_nada_que_perder.jpg

Case dez anos despois do seu último traballo en solitario, Rosa Cedrón presenta novo disco. Nada que perder afástase dos aires máis tradicionais e aposta por tons líricos a recuperar o labor como violonchelista da cantante e compositora nunha serie de temas persoais. Español, galego, francés e inglés mestúranse nun traballo que a antiga vocalista de Luar na Lubre vai presentar este trece de maio, día no que sae á venda o álbum, no FNAC da Coruña. O sábado 21 de maio será El Corte de Inglés de Santiago o que acolla outro recital de presentación. Está xa dispoñible na rede o seu primeiro single No seré yo.

datos do disco