Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Cantando a Galicia: O retorno ás verbenas

SITO SEDES, PACO LODEIRO E ROSA CEDRóN REPASAN

Cantando a Galicia: O retorno ás verbenas

MELóDICA | xuño 10, 2013

cantando_galicia_capa_bbb.jpg

"Temas míticos da verbena clásica", incluíndo cancións como Lela, Aí vén o Maio, grupos como Los Tamara e Los Satélites ou cantantes como Andrés do Barro ou Ana Kiro, pasando por boleros, pasodobres ou cha-cha-chas. Esta é a proposta de Cantando a Galicia, o espectáculo que acaban de presentar Sito Sedes, Paco Lodeiro e Rosa Cedrón e que pretende proporse como unha alternativa para as verbenas deste verán. O proxecto inclúe ademais un disco, editado por Nakra e gravado nos estudios desta compañía na Coruña. O traballo recollerá nove temas clásico do repertorio de verbenas e sairá á venda o vindeiro 17 de xuño.

MULTIMEDIA
Vídeo de presentación de Cantando a Galicia
MULTIMEDIA
Rosa Cedrón fala sobre Cantando a Galicia

Rosa Cedrón Cantando a Galicia from MM | Marcos Martinez on Vimeo.

MULTIMEDIA
Sito Sedes explica Cantando a Galicia

Sito Sedes Cantando a Galicia from MM | Marcos Martinez on Vimeo.

MULTIMEDIA
Paco Lodeiro fala sobre Cantando a Galicia

Paco Lodeiro Cantando a Galicia from MM | Marcos Martinez on Vimeo.

datos do disco