Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Xoel López suma cinco candidaturas nos premios de música independente
Xoel López suma cinco candidaturas nos premios de música independente
marzo 30, 2016
As candidaturas aos Premios da Música Independente (MIN) contan cunha importante presenza galega na súa oitava edición. Xoel López é o autor que acumula máis candidaturas, con Entremales a optar ao mellor álbum do ano e a mellor álbum de pop, Todo lo que mereces á mellor canción, e o propio Xoel como finalista ao mellor artista e ao mellor directo. Pola súa banda, Davide Salvado, con Lobos, pode facerse co galardón ao mellor álbum de músicas do mundo e compite ademais na categoría de álbum en galego. Nesta última categoría están tamén presentes Tronzar os valos de Ses, Al otomano se le va la mano de Terbutalina, Grado a Grao de Rúsicak e mais The Tambourine Man de Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre.
Onte mesmo comezaba o prazo para a votación popular das candidaturas. Os resultados daranse a coñecer o vindeiro 19 de abril nunha gala que se celebrará no Teatro Nuevo Apolo de Madrid.
Tamén che pode interesar:
- 18/ 4/ 2024 | Os músicos galegos recollen cinco galardóns nos Premios da Música Independente estatais
- 21/ 3/ 2024 | Tanxugueiras e Fillas de Cassandra finalistas en catro categorías dos Premios MIN
- 28/ 2/ 2020 | Cinco bandas finalistas compiten polo Premio MIN de mellor disco en galego de 2019
- 8/ 3/ 2018 | Xoel López é finalista do Premio IMPALA ao Álbum europeo do Ano
- 18/ 11/ 2013 | 39 finalistas nos Premios Galegos da Música