Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Antón Corral leva o galardón honorífico dos Premios Martín Codax da Música

O ARTESáN E GAITEIRO RECIBIRá O PREMIO NO PAZO DA CULTURA DE PONTEVEDRA O 28 DE ABRIL

Antón Corral leva o galardón honorífico dos Premios Martín Codax da Música

FOLK | marzo 15, 2016

imaxe non dispoñible

O galardón honorífico que entrega cada ano a asociación Músicos ao Vivo no marcos dos Premios Martín Códax da Música foi nesta ocasión para o artesán, gaiteiro e mestre Antón Corral. Segundo explica a directiva desta entidade "Antón Corral representa un fito na historia da música popular galega, tanto polo seu incansable traballo de investigación nas melloras construtivas dos instrumentos, coma polo labor de dignificación e difusión do folclore, así como por ter formado a músicos e artesáns de altísima calidade e relevancia".

No currículo do homenaxeado están fitos como ter sido creador do Obradoiro Escola de Instrumentos Populares de Vigo ou da banda de gaitas Xarabal. Ademais, participou na formación de recoñecidos músicos como Anxo Lois Pintos ou Carlos Núñez. A organización dos galardóns apuntan que "Antón Corral supón un paso de xigante na música galega, dende a case marxinalidade até o recoñecemento internacional que hoxe ten, e todo feito dende unha humildade, xenerosidade e cariño que o fan dobremente admirable”. Corral recollerá o seu premio o vindeiro 28 de abril na gala que se celebrará no Pazo da Cultura de Pontevedra.