Xoel López retorna con Paramales
maio 27, 2015
Unha colección de trece cancións con diferentes temas e influencias compoñen Paramales, o novo disco de Xoel López. O músico coruñés achega desde sons acústiscos con acompañamento de acordeóns ata pop con tintes electrónicos, a pasar por toques brasileiros e inclúe un tema en galego, A serea e o mariñeiro. O proxecto, que saíu á luz onte da man de Esmerarte Servizos Artísticos está xa dispoñible en formato físico e en plataforma dixitais. Pamplona acolle esta noite o comezo da xira de presentación, que continuará en vindeiras datas por Madrid (4 de xuño), o Festival Contempopránea de Badajoz (5 e 6) ou Valladolid (17 de xuño). A primeira visita a Galicia está prevista para o 18 de xullo no marco do Festival PortAmérica Rias Baixas.
Tamén che pode interesar:
- 8/ 3/ 2018 | Xoel López é finalista do Premio IMPALA ao Álbum europeo do Ano
- 17/ 11/ 2017 | Xoel López retrata o seu momento vital no novo álbum 'Sueños y Pan'
- 18/ 6/ 2013 | Xoel López imponse nos Premios da Música Independente
- 10/ 4/ 2013 | O Festival do Norte volta a Vilagarcía os días 17 e 18 de maio
- 20/ 7/ 2012 | Mika e Xoel López encabezan o Noroeste Pop-Rock