Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / A Sinfónica de Galicia destaca a Mahler e Strauss na súa nova temporada
A Sinfónica de Galicia destaca a Mahler e Strauss na súa nova temporada
maio 15, 2015
Xa está na rede a programación da Orquestra Sinfónica de Galicia para a temporada 2015/2016. Á xa anunciada recuperación das xiras internacionais, a formación anuncia un programa no que Richard Strauss e Gustav Mahler son protagonistas. Canda a isto, a música sinfónico-coral de Haydn e Verdi, a fin do ciclo dedicado a Sibelius e a continuación del dedicado a Haydn marcan o vindeiro repertorio da OSG. No campo da lírica, a formación abordará Salomé, de Strauss, baixo a dirección de Eliahu Inbal.
Na súa actividade, a orquestra contará con convidados como os directores Christoph Eschenbach, Martyn Brabbins, Jesús Lopez Cobos, Juanjo Mena ou Josep Pons, así como as voces de Ewa Podles, Ekaterina Metlova, Dolora Zajick ou Mhairi Lawson entre outros.
Tamén che pode interesar:
- 10/ 6/ 2024 | A Orquestra Sinfónica de Galicia fará unha xira por España
- 13/ 6/ 2023 | A Sinfónica de Galicia adianta a súa primeira temporada con Roberto González-Monjas
- 11/ 1/ 2016 | A Orquestra Sinfónica suspende a venda de abonos da Temporada Lírica
- 23/ 8/ 2013 | Víctor Pablo Pérez ofrece hoxe o seu derradeiro concerto á fronte da Sinfónica de Galicia
- 4/ 5/ 2009 | A Sinfónica de Galicia amplía e innova o seu repertorio na vindeira temporada musical