Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Pablo Devigo recunca no premio Constantino Bellón

RAQUEL GARCíA FíXOSE CO GAITEIRO DE SOUTELO, DIRIXIDO á GALICIA EXTERIOR

Pablo Devigo recunca no premio Constantino Bellón

FOLK | setembro 2, 2013

imaxe non dispoñible

Está a amosar ser un dos gaiteiros máis importantes do país. Pablo de Vigo, de Castro Caldelas, impúxose por cuarta ocasión no Premio Constantino Bellón de gaita, dotado con 3.000 euros. Canda a el, Raquel García, desde Valencia, acadou o premio Gaiteiro de Soutelo, dirixido á Galicia Exterior. O lucense Daniel Fernández López e o vasco Daniel Lumbreras obtiveron cadanseu accésit na gala que se celebrou o pasado sábado no Teatro Jofre de Ferrol Canda a estes galardóns, o Ateneo Ferrolán fallou tamén o premio para composicións para a gaita, que foi para a peza Fantasía concertante para gaita e banda de Daniel Romar.