Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Brais Monxardín faise co premio Constantino Bellón de gaita tradicional

FERROL éNCHESE DE GAITAS

Brais Monxardín faise co premio Constantino Bellón de gaita tradicional

FOLK | setembro 3, 2007

not_10337.jpg

Os cinco finalistas do premio Constantino Bellón, convocado polo Ateneo Ferrolán, tiveron que interpretar este venres pasado no Teatro Jofre de Ferrol dúas pezas, unha composta por Iván Costa e outra da súa propia creación. Ao final, o xurado escolleu ao gaiteiro da Fonsagrada Brais Monxardín como gañador da edición anual deste prestixioso certame. Monxardín levará un premio de 3.000 euros. O xurado tamén concedeu dous accésit: un para Daniel Lumbreras, procedente de San Sebastián, e outro para Pablo de Vigo.

Sobre o Premio Constantino Bellón na nosa hemeroteca; a noticia no Diario de Ferrol