Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / O programa da TVG “Alalá” recoñecido coa Gaita de Ouro “Constantino Bellón”
O programa da TVG “Alalá” recoñecido coa Gaita de Ouro “Constantino Bellón”
agosto 21, 2008
O Ateneo Ferrolán decidiu conceder a Mención de Gaita de Ouro “Constantino Bellón” correspondente ao ano 2008 ao programa da TVG “ALALÁ” pola súa labor de difusión e defensa da música tradicional galega. O acordo tomado en Xunta Directiva polo xurado dos prestixiosos premios de gaita recoñece así a este programa dirixido por Senén Bernárdez e presentado por Pilar García Rego que xa ten no seu haber outros importantes premio como o galardón ao mellor programa de Tradición musical outorgado pola Academia das Ciencias e das Artes de Televisión en 2007 e o Premio Galicia Comunicación da Xunta no mesmo ano. A entrega do premio terá lugar o próximo domingo día 31 de agosto, as 20:30 horas, no Teatro Jofre de Ferrol coincidindo coa Final do XVIII Concurso de Gaita Galega “Constantino Bellón”.
Tamén che pode interesar:
- 2/ 9/ 2013 | Pablo Devigo recunca no premio Constantino Bellón
- 28/ 8/ 2013 | Pablo Carpinteiro recibe a Gaita de Ouro do Constantino Bellón
- 19/ 4/ 2013 | Falece Henrique Otero, O Gaiteiro do Fragoso
- 2/ 4/ 2013 | Volta a se convocar o concurso de gaita Constantino Bellón
- 30/ 6/ 2009 | Alalá continúa na TVG para a vindeira temporada