O BLOG DO PROGRAMA SINALA QUE LOGROU A MELLOR MEDIA DE AUDIENCIA DA SúA HISTORIA
Alalá continúa na TVG para a vindeira temporada
xuño 30, 2009
As dúbidas sobre a continuidade do programa Alalá na programación da TVG despéxanse. O blog deste espazo anunciaba o pasado día 25 que está confirmada a emisión da quinta temporada para o vindeiro outono. O equipo do programa sinala tamén que no último ano conseguiron unha media dun 18,6 % de audiencia, a mellor da súa historia.