Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / / Música e palabra fúndense na primeira temporada de Paul Daniel na Real Filharmonía

CREA CONVERSAMOS, PARA QUE PúBLICO E ARTISTAS FALEN ANTES DOS CONCERTOS

Música e palabra fúndense na primeira temporada de Paul Daniel na Real Filharmonía

CLáSICA/LíRICA | xuño 28, 2013

imaxe non dispoñible

É a primeira temporada completa para Paul Daniel como director artístico e titular e onte presentou a súa programación que chega con aires de renovación. En primeiro lugar porque a programación na que a música comparte protagonismo coa palabra. A figura do narrador estará presente e obras como, segundo unha nota de prensa, “o Egmont, de Beethoven, As sete últimas palabras de Cristo na Cruz, de Haydn, ou no tradicional Concerto de Reis, un monográfico Satie”. Pero Daniel tamén busca abrir a formación tanto a novos sons, cun repertorio anegado de compositores pouco representadas, e a novos públicos. Para esto último crea CONversamos, unha iniciativa na que directores e artistas comparten co público experiencias e información unha hora antes do inicio de cada concerto.

A Real Filharmonía tamén presta atención aos máis novos, para os que programa CONect@ coa RFG, nos que ofrecerá 11 concertos de pequeno formato orientados ao público infantil e familiar, concertos didácticos para centros escolares e nos que haberá oco para os títeres. O ciclo de abono inclúe o Ciclo de Piano Ángel Brage no que participarán David Kadouch, Andrea Bacchetti e Cédric Tiberghien.

DOCUMENTO