Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / / Xoel López finalista a mellor artista dos Premios da Musica Independente

OS PREMIOS DA MUSICA INDEPENDENTE CREAN UNHA CATEGORíA EN LINGUA GALEGA

Xoel López finalista a mellor artista dos Premios da Musica Independente

MISCELáNEA | maio 22, 2013

imaxe non dispoñible

Hoxe déronse a coñecer en Madrid os finalistas aos Premios da Música Independente. Un recoñecemento aos traballos de discográficas, artistas e profesionais que se moven no eido. Xoel López, co seu último traballo Atlántico, é finalista na categoría de premio Estrella Galicia ao mellor artista español. Tamén está o nome de Abe Rábade entre os autores de Café Latino 25 Aniversario finalista a mellor álbum de jazz e músicas contemporáneas. Entre as novidades desta edición, destaca a creación dunha categoría para o mellor álbum en lingua galega. Os gañadores saberanse o vindeiro 17 de xuño no transcurso dunha galega.

Entre as novidades desta edición destaca a creación de tres novas categorías relacionadas dos tres idiomas cooficiais (de mellor produción en euskera, mellor álbum en lingua galega e mellor álbum cantado en catalán). Disenso de Telephones Rouges, María Fumaça e Andando a Terra os dos de Uxía, Hostias para todos de Terbutalina e Magnético Zen de Xoan Curiel son os finalistas nesta sección.