Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / / Tanxugueiras volven triunfar nos Premios MIN

O TRíO RECOLLEU DOUS GALARDóNS POR "DILUVIO" DO CERTAME ESTATAL DA MúSICA INDEPENDENTE

Tanxugueiras volven triunfar nos Premios MIN

FOLK | maio 22, 2023

imaxe non dispoñible

A gala do XV Aniversario dos Premios MIN en Palma de Mallorca, que reuniu e premiou aos artistas máis destacados da escena independente de España no último ano trouxo un recoñecemento ao traballo realizado o pasado ano polo trío Tanxugueiras. As cantareiras, finalistas en sete categorías, conseguiron gañar dous importantes premios: "Mellor álbum de música de raíz" e "Mellor álbum en galego" por "Diluvio", o seu último disco, editado no verán de 2022 por Calaverita Records. Este dobre recoñecemento para Sabela Maneiro, Aida Tarrío e Olaia Maneiro chega xusto despois de recoller o mes pasado o premio "Artista Revelación Alternativa 2023" dos Premios Odeón e apenas dúas semanas despois da estrea do seu novo tema "Aire", producido por Lowlight (C. Tangana, Israel B, Yung Beef, Albany e un longo etcétera de músicos da escena urbana) e na que demostran unha vez máis a súa continua exploración de novos retos e posibilidades sonoras. Non é primeira vez que o trío sae galardoado destes premios, xa co seu primeiro disco, "Tanxugueiras" (2018) acadaron o de Mellor Álbum en lingua galega e o pasado 2022 recibiron o Premio AIE a Mellor Artista Emerxente do Ano en España.