Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / As Tanxugueiras reciben o Premio Odeón da AGEDI

A CUARTA EDICIóN DOS GALARDóNS RECOñéCEAS NA CATEGORíA DE ARTISTA REVELACIóN ALTERNATIVO DO 2022

As Tanxugueiras reciben o Premio Odeón da AGEDI

FOLK | abril 27, 2023

imaxe non dispoñible

Apenas uns días despois de coñecer como o trío Tanxugueiras amosaban unha importante presenza entre os finalistas as Premios MIN, as galegas engaden un novo recoñecemento ao seu gran ano 2022 coa súa designación como gañadoras do galardón a Artista Revelación Alternativo de 2022, na cuarta edición dos Premios Odeón. Estes galardóns outorgados desde a Asociación de Gestión de Derechos Intelectuales (AGEDI) premian en 24 categorías a música gravada o pasado ano, co cal o premio ás Tanxugueiras chega polo seu álbum "Diluvio" (Calaverita records). As galegas xa recibiron a escultura que se outorga co premio e que amosaron en redes sociais. O vindeiro 17 de maio coñeceranse os premios Min, nos que son finalistas en sete categorías.