Ti estás aquí > Inicio / / Carlos Núñez inicia unha xira de seis concertos polo Reino Unido
Carlos Núñez inicia unha xira de seis concertos polo Reino Unido
xaneiro 28, 2013
Comeza an Chipping Norton (29 de xaneiro) e remata en Basingtoke(6 de febreiro). Polo medio, Londres, Manchester ou Birmingham. O gaiteiro Carlos Núñez e o músico Philip Pickett, xunto co conxunto Musicians of the Globe ofrecerán o espectáculo Two Pipers Piping. Un proxecto no que unen folk e música antiga, unha concesión a unha fusión de sons que tiveron moito éxito no Londres do século XVII.