Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / / Santiago inaugura un ciclo musical coa presenza de destacados músicos de Jazz

AS ENTRADAS CUSTAN ENTRE 15 E 18 EUROS

Santiago inaugura un ciclo musical coa presenza de destacados músicos de Jazz

JAZZ/BLUES | febreiro 1, 2012

imaxe non dispoñible

Erik Truffaz 4tet, Joe Lovano Quartet e The Bad Plus son tres referencias ineludibles do jazz a día de hoxe. E os tres son cabeza de cartel de Jazz in blue o novo ciclo musical co que conta o concello de Santiago. O concelleiro, Ángel Currás, e o director-xerente do Auditorio, José Víctor Carou, presentaron a programación que arrinca o 18 de febreiro coa presenza de Erik Truffaz 4tet, músico coñecido polo seu estilo contemporáneo fusiona jazz, rock, hip-hop, world music e electrónica. As entradas, que custan entre 15 e 18 euros, están á venda en Carrefour, FNAC, Halcón Viajes, Tiendas Tipo, red ticketmaster.