Chévere inicia co Jazz unha programación de monográficos
setembro 25, 2012
O grupo de teatro Chévere, compañía residente no Concello de Teo, acaba de iniciar unha programación de monográficos que se centrarán sucesivamente en diferentes disciplinas artísticas. O primeiro deles, dedicado ao Jazz, terá lugar o vindeiro 30 de setembro, cunha xornada na que se poderá asistir a concertos, proxeccións, jams e faladoiros. Ademáis, celebraraseun xantar e haberá un mercadiño de discos e libros dedicados ao jazz. Xacobe Martínez Antelo Quinteto, Sumrrá, Ton Risco Quinteto e Factor-E-Reset comporán a parte musical da iniciativa.
O encontro compleméntase, ao longo da semana, con dous encontros ao vivo con músicos e unha jam session que se desenvolverá o mércores 26 no Café A Senra, de Pontevea.