Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / O ingleses The Orlando Consort estarán no V festival Pórtico do Paraíso

AGADIC CONTRIBUIRá, POR PRIMEIRA VEZ, AO FINANCIAMENTO DESTE CICLO

O ingleses The Orlando Consort estarán no V festival Pórtico do Paraíso

CLáSICA/LíRICA | decembro 16, 2011

imaxe non dispoñible

O pórtico do paraíso da Catedral de Ourense dá nome a un ciclo que naceu hai un lustro coa intenciónde ofrecer música clásica en esapzos emblemáticos (como a catedral de San Martiño, a igrexa de Santa María Nai, a Igrexa de Santa Eufemia, o Liceo e o Teatro Principal). Agora, o concello de Ourense acaban de dar a coñecer a programación desta nova edición que repetirá a súa liña de traballo con concertos (Capilla Flamenca, José Manuel Álvarez e Andreu Riera, Raquel Alao e Daniel Olveira, Alexander Melkinov e The Orlando Consort ) e actividades paralelas. Entre as novidades desta edición destaca a achega de Agadic, a Axencia Galega das Industrias Culturais, ao financiamento do encontro. Agadic achegará o 14%, o concello de Ourense o 50% e o resto a cargo de entidades privadas. En total, contará con 80.000 euros.