O Festival Pórtico do Paraíso transcende Ourense
febreiro 2, 2016
O mosteiro de San Salvador de Celanova e a igrexa de San Pedro de Rocas, en Esgos, acollerán os primeiros concertos que o festival Pórtico do Paraíso programa fóra da Cidade das Burgas. A novena edición deste evento, que se celebrará entre os días 4 e 13 de marzo, comprende nove recitais ademais de conferencias e actividades paralelas. Entre os participantes desta xeira están nomes como Les Éléments, La Reverdie, Cecilia Rodrigo, Emilio Villalba e Sara Marina ou Katona Twins Guitar Duo. Como novidade, por vez primeira neste festival poderá escoitar un grupo de metal, os Spanish Brass Luur Metalls, que ofertarán o único concerto de pago previsto. A mingua do orzamento dispoñible este ano, 63.000 euros fronte aos 90.000 da última edición, fixo que o programa perdese un concerto.
Tamén che pode interesar:
- 20/ 4/ 2022 | O festival Pórtico do Paraíso volve apostar pola excelencia internacional
- 19/ 2/ 2015 | O festival Pórtico do Paraíso medra ata os oito concertos
- 19/ 2/ 2014 | Ourense acollerá a VII edición do Festival Pórtico do Paraíso
- 6/ 2/ 2009 | Concertos e conferencias protagonizan o festival Pórtico de Paraíso