Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / O festival Pórtico do Paraíso medra ata os oito concertos

OURENSE ACOLLE O ENCONTRO ENTRE O 6 E O 15 DE MARZO

O festival Pórtico do Paraíso medra ata os oito concertos

CLáSICA/LíRICA | febreiro 19, 2015

imaxe non dispoñible

Unha viaxe musical desde o século XII ata os nosos días é o que achega o programa da VIII edición do festival Pórtico do Paraíso. Ourense acolle entre os vindeiros 6 e 15 de marzo este evento, que medra en dous concertos e alcanza así as oito actuacións. Os polacos Ensemble Peregrina, Guido Morini e Marco Basley, os alemáns Amarcord ou os franceses Ensemble Jacques Moderne son algúns dos nomes que subirán a escena en diferentes espazos da Cidade das Burgas. O programa inclúe tamén un curso de interpretación co Vienna Clarinet Connection.